Departamento T14

De África a Vigo para formarse en fauna bentónica de augas profundas

A Facultade de Ciencias do Mar acolleu un curso promovido pola FAO

Unha decena de científicas e científicos procedentes de institutos de investigación mariña e universidades de Mauritania, Senegal, Serra Leona, Namibia, Mozambique, Seixeles e Mauricio, remataron nas últimas horas a súa formación en identificación e mostraxe biolóxico da fauna bentónica das aguas profundas, nun curso celebrado na Facultade de Ciencias do Mar. Promovido pola FAO, Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, o obradoiro, de tres días de duración, foi impartido polo docente e investigador do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo Fran Ramil, co apoio do equipo científico do proxecto EcoAfrik, froito da colaboración entre a institución académica viguesa e o Instituto Español de Oceanografía.

De África a Vigo para formarse en fauna bentónica de augas profundas

Ler máis...

Unha nova especie de hidrozoo para a avoa Leonisa

O descubrimento realizouse en colaboración co IEO, ao abeiro do proxecto EcoAfrik

Leonisa González nunca entendeu que a súa neta, Marta Gil, lle gustasen as Ciencias do Mar e moito menos que se dedicase, con gran devoción, ao estudo dos hidrozoos, non obstante, sempre a apoiou. Froito dese traballo, Marta, xunto ao docente e investigador do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo Fran Ramil, describiu catro novas especies de hidrozoos, que forman parte do filo dos Cnidarios, no que tamén se inclúen as anemones, corais e medusas, entre outros. Diphasia leonisae é a denominación da primeira especie nova que describiu Marta Gil, que non perdeu a oportunidade de dedicarlle o achado a súa avoa Leonisa, “que a segue a apoiar en todo canto está a facer”, sinala Ramil.

Unha nova especie de hidrozoo para a avoa Leonisa

Ler máis...

Investigadores de Ciencias do Mar e do IEO participan en Mauritania en encontros sobre biodiversidade mariña

Presentaron os resultados de varios estudos e analizaron os retos de futuro para a costa do país africano

Mauritania converteuse neste mes de decembro nun foro de encontro de investigadores e investigadoras internacionais que traballan na conservación da biodiversidade en augas profundas deste país africano. A Universidade de Vigo e o Instituto Español de Oceanografía foron as dúas institucións estatais presentes nos grupos de traballo e nunha xuntanza ministerial, nas que tamén toman parte expertos mauritanos e alemáns, así como varios ministros do país africano.

Investigadores de Ciencias do Mar e do IEO participan en Mauritania en encontros sobre biodiversidade mariña

Ler máis...

A protección dos ecosistemas mariños vulnerables dos montes submarinos do Atlántico sur-oriental comeza polo seu coñecemento

Nas sesións estudáronse as mostras recollidas na campaña SEAFO 2015

Nos meses de xaneiro e febreiro de 2015, impulsada pola FAO, desenvolveuse nos montes submarinos do Atlántico sur-oriental, unha campaña oceanográfica internacional co obxectivo de localizar ecosistemas mariños vulnerables cara a súa protección. Os docentes e investigadores da Universidade de Vigo Fran Ramil e Marta Gil formaron parte do grupo e expertos internacionais en taxonomía que tomaron parte na campaña, ocupándose, a bordo do buque oceanográfico encargado de toma de mostras, das primeiras avaliacións provisionais da diversidade das mesmas.

A protección dos ecosistemas mariños vulnerables dos montes submarinos do Atlántico sur-oriental comeza polo seu coñecemento

Ler máis...