Departamento T14

Empresa de base tecnolóxica

MycoGalicia


MycoGalicia é unha empresa centrada na xestión do recurso micolóxico dos montes galegos.

Galicia é unha comunidade autónoma cunha gran variedade de cogomelos de alta calidade que non están a ser xestionados para acadar o seu máximo valor económico. Por isto, promovemos a mellora do estado forestal potenciando o desenvolvemento rural, partindo do ámbito da Micoloxía e abranguendo co tempo outros campos de traballo relacionados co medio ambiente.

Visión de futuro. Ningunha das nosas actividades e dos nosos éxitos teñen sentido se non poñen en valor o noso monte e o medioambiente. Para resolver estas cuestións, a divulgación dos coñecementos científicos e a formación medioambiental, son uns dos nosos principais obxectivos de cara ás futuras e ás actuais xeracións, xa que o monte ten que mirar cara o futuro e non só cara o presente.

Enlace á páxina web