Departamento T14
 
Benvidos á páxina web do grupo de investigación de Bioloxía Ambiental (BA2) da Universidade de Vigo.

O grupo de Bioloxía Ambiental (BA2) da Universidade de Vigo reúne a especialistas de flora e fauna en tódolos escenarios naturais: terrestre, mariño e augas continentais. Gracias a elo a súa investigación se dirixe ao coñecemento da biodiversidade con un enfoque aplicado na xestión e conservación do medio ambiente dentro do contexto do desenvolvemento sostible e economía circular.

As principais liñas de investigación que desenvolve son:

  • Biodiversidade, xestión e conservación da flora e da fauna; especialmente no solo, foresta, auga doce e ambiente mariño.
  • Seguimento e control da contaminación orgánica e inorgánica de solos e medio acuático.
  • Estudios de detección e control de vectores e especies invasoras de impacto socioeconómico, medioambiental e na saúde pública.
  • Bio-tratamento de residuos orgánicos. Deseño e mellora de procesos: compostaxe e vermicompostaxe.
  • Cultivo de cefalópodos e técnicas para o desenrolo industrial do cultivo de engorde do pulpo.
  • Avaliación de pesquerías, desenvolvemento e uso de modelos de estimación de capturas e manexo pesqueiro para o uso sostible dos recursos mariños. Impacto ambiental e consecuencias ecolóxicas.
  • Ordenación e explotación forestal sostible.

Outro dos intereses do grupo  fundamental para o bo desenvolvemento das liñas aplicadas radica na realización de estudos taxonómicos e ecolóxicos, de estratexias vitais e bioloxía reprodutiva dos organismos.

 

Logo atlantic positive
Logo atlantic positive
Logo visitrio minho

 

Calendario

Outubro 2022
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
26 27 28 29 30 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31 1 2 3 4 5 6