Search
Close this search box.

Grupo de Bioloxía Ambiental (BA2) da Universidade de Vigo

O grupo de Bioloxía Ambiental (BA2) da Universidade de Vigo reúne a especialistas de flora e fauna en tódolos escenarios naturais: terrestre, mariño e augas continentais. Gracias a elo a súa investigación se dirixe ao coñecemento da biodiversidade con un enfoque aplicado na xestión e conservación do medio ambiente dentro do contexto do desenvolvemento sostible e a economía circular.

Previous slide
Next slide

As principais liñas de investigación que desenvolve son:

  • Biodiversidade, xestión e conservación da flora e da fauna; especialmente no solo, foresta, auga doce e ambiente mariño.
  • Seguimento e control da contaminación orgánica e inorgánica de solos e medio acuático.
  • Estudos de detección e control de vectores e especies invasoras de impacto socioeconómico, medioambiental e na saúde pública.
  • Bio-tratamento de residuos orgánicos. Deseño e mellora de procesos: compostaxe e vermicompostaxe.
  • Cultivo de cefalópodos e técnicas para o desenrolo industrial do cultivo de engorde do pulpo.
  • Avaliación de pesquerías, desenvolvemento e uso de modelos de estimación de capturas e manexo pesqueiro para o uso sostible dos recursos mariños. Impacto ambiental e consecuencias ecolóxicas.
  • Ordenación e explotación forestal sostible.

Outro dos intereses do grupo fundamental para o bo desenvolvemento das liñas aplicadas radica na realización de estudos taxonómicos e ecolóxicos, de estratexias vitais e bioloxía reprodutiva dos organismos.

Máis información sobre o traballo de investigación do Grupo BA2.

Proxectos FEDER

Últimas Noticias