De África a Vigo para Formarse en Fauna Bentónica de Augas Profundas

A Facultade de Ciencias do Mar acolleu un curso promovido pola FAO

Unha decena de científicas e científicos procedentes de institutos de investigación mariña e universidades de Mauritania, Senegal, Serra Leona, Namibia, Mozambique, Seixeles e Mauricio, remataron nas últimas horas a súa formación en identificación e mostraxe biolóxico da fauna bentónica das aguas profundas, nun curso celebrado na Facultade de Ciencias do Mar. Promovido pola FAO, Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, o obradoiro, de tres días de duración, foi impartido polo docente e investigador do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo Fran Ramil, co apoio do equipo científico do proxecto EcoAfrik, froito da colaboración entre a institución académica viguesa e o Instituto Español de Oceanografía.

“O obxectivo do curso, o primeiro que organiza a FAO sobre este tema, foi impartir unha formación científica básica que permita ás e aos científicos africanos a identificación de esponxas e corais, os dous grupos máis importantes como indicadores de ecosistemas mariños vulnerables, nas campañas de pesca de arrastre”, explican Fran Ramil e Ana Ramos investigadora do Instituto Español de Oceanografía, que lamentan que máis científicos non puidesen finalmente participar no obradoiro ao rexistrase problemas coa obtención dos seus visados. Pola súa banda, Edoardo Mostarda, responsable das actividades relacionadas coa capacitación en materia de especies vulnerables e biodiversidade da FAO en Roma, asistiu ao curso en representación do organismo internacional.

Leer a noticia completa no DUVI.